Un libro para coñecer os galegos que loitaron forzosos na Guerra Civil

O historiador Francisco Leira publica o escrito onde busca ensinar a verdade das loitas.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/07/2021 | Actualizada ás 20:30

Comparte esta noticia

O historiador coruñés e de Ferrol da Universidade de Santiago de Compostela, Francisco Leira, publica o libro "A memoria esquecida da guerra civil". Nel conta a historia fotográfica dos galegos que loitaron forzosos na Guerra Civil. É unha contribución que o que busca é "saír dos discursos simplificadores, inicindo en que as guerras non teñen nada de heróico, senón que traen consigo morte, fame e sufrimento", explica o autor.

Francisco Leira - enfoques.gal
Francisco Leira - enfoques.gal

É un libro con fotografías con carácter divulgativo, aínda que os seus resultados parten dunha investigación de doutoramento. Xunto cas fotografías aparece un texto simplificado. Grazas a iso esta é unha obra que pode desfrutar toda a sociedade, sen necesidade de ter grandes coñecementos de historia. "É un deber dos historiadores buscar ferramentas que fagan atractivas as nosas investigacións a toda á cidadanía. A historia é da sociedade civil", destaca Leira.

Neste libro móstranse as miserias da guerra. Para o autor o obxectivo deste libro é que sexa un punto de partida para que máis familias cedan fotografías, cartas e diarios para coñcecer aquela parte da historia. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta