Alfonso Rueda sinala "o ridículo" que Abel Caballero fai coa súa "campaña contra o Xacobeo"

"Son sinsentidos cos que cada día se retrata máis no seu odio ao Camiño, que é digno de estudo", sentenciou o vicepresidente primeiro da Xunta.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/07/2021 | Actualizada ás 18:09

Comparte esta noticia

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, cargou este sábado contra o alcalde de Vigo, Abel Caballero, porque fai "o ridículo" coa súa "campaña contra o Xacobeo". "Calquera oportunidade para confrontar coa Xunta non a desaproveita", agregou.

En declaracións aos medios na presentación da iniciativa 'Instragrammers non Camiño', o tamén conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo ironizou con que o rexedor olívico "parécese ao Bloque" neste aspecto, xa que precisamente esta semana Galiza Nova --sección xuvenil do BNG-- presentaba unha polémica campaña titulada 'Rachemos co Xacobeo' para despois retirala.

Así, Rueda suxeriu tanto a Caballero como aos nacionalistas que "falen cos hostaleiros e cos que se benefician" de eventos como o Ano Santo. "Que saian fose e vexan que o Xacobeo é marca Galicia", dixo.

O vicepresidente da Xunta tamén lamentou que o alcalde de Vigo actúe con "ridiculeces que o retratan, con cousas que non entende ninguén", como o feito de que sexan os hostaleiros os que "tiveron que sinalizar o Camiño" na cidade. "Son sinsentidos cos que cada día se retrata máis no seu odio ao Camiño, que é digno de estudo", sentenciou.

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, na presentación de 'Instagrammers non Camiño'.. XUNTA
O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, na presentación de 'Instagrammers non Camiño'.. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 Gamela

Rueda debera sinalar máis exactamente cales veñen sendo os INTERESES de Abel Caballero en Vigo. Ademáis de seguir a celebrar os Plenos a Porta Pechada e OCULTAR os vídeos, este autócrata está empeñado en facer caixa cos cartos dos vigueses: logo de pagar 35 M polo Auditorio Mar de Vigo, agora o dedica a concertos VIP (30 € a entrada) para seguir PRIVATIZANDO as Festas de Vigo (que pagamos todos) ! Estes negocios non benefician a ninguén agás catro amiguetes que teñen a Plataforma TeuTicket e a tódolos invitados que poden lucir o palmito en petit comité (Carmela Silva e Cía) https://flic.kr/p/fkLLxj

1 Gamela

As festas antes tiñan Castrelos como recinto ao aire libre con capacidade de miles de persoas, agora co TerraCeo PRIVATIVO a capacidade máxima son 500 persoas e toda pasando por Caixa ! https://auditoriomardevigo.com/prog... Pero ninguén denuncia esta privatización das Festas de Vigo ! O auditorio máis caro de mundo está baleiro e Castrelos está Morto ! Curioso Socialista !