Máis de 14.000 participantes forman o primeiro grupo das oposicións da Xunta canceladas pola pandemia

As probas desenvolvéronse en condicións "seguras", xa que contan cun protocolo avalado polas autoridades sanitarias.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/07/2021 | Actualizada ás 14:54

Comparte esta noticia

O primeiro grupo de oposicións á Xunta de Galicia que se viron afectados pola pandemia pechouse este domingo cos últimos 14.400 aspirantes a obter unha das 208 prazas correspondentes á agrupación profesional (AP) e ordenanzas da Administración Autonómica. As probas desenvolvéronse en condicións "seguras", xa que contan cun protocolo avalado polas autoridades sanitarias.

Así o explicou o director xeral de Función Pública, José María Barreiro, que se achegou ao recinto feiral de Amio de Santiago, unha das sedes do proceso selectivo, para "garantir" que as probas cumprían os principios de igualdade, mérito e capacidade.

Neste sentido, o director xeral sinalou que unha das novidades desta xornada de oposicións é que a Xunta dispuxo por primeira vez e de forma simultánea sedes diferentes para a realización dos exames. Ademais, cada proba contou cun operativo de seguridade formado por unha media de 200 profesionais.

Os exames terán lugar en quendas sucesivas de mañá e tarde en tres sedes distintas: o recinto feiral de Amio en Santiago de Compostela, o recinto da Feira internacional de Silleda, e o Pazo de Feiras e Congresos de Lugo.

46.700 PERSOAS NO PRIMEIRO GRUPO

Este domingo examináronse case 14.400 persoas para tentar acceder a 208 prazas da agrupación profesional (AP) e ordenanzas da Administración Pública. Son os últimos deste primeiro grupo conformado por 46.700 aspirantes que, a través de diversos procesos selectivos desenvolvidos desde marzo, tratan de obter unha das 2.075 prazas ofertadas.

Para Barreiro, "as oposicións son unha boa oportunidade para que calquera persoa que cumpra os requisitos poida acceder a un posto de alta calidade na Xunta". Os empregados públicos que xa traballan na Administración galega con carácter temporal poden aproveitar a ocasión para consolidar os seus postos.

Oposicións á Xunta no recinto de Amio, en Santiago de Compostela.. XUNTA
Oposicións á Xunta no recinto de Amio, en Santiago de Compostela.. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta