Os traballadores de Tussa protestan pola falta dun convenio colectivo único

Os traballadores da empresa municipal de mobilidade de Santiago denuncian as diferenzas en canto a condicións laborais e salariais entre o persoal.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/07/2021 | Actualizada ás 14:24

Comparte esta noticia

Traballadores da empresa municipal de mobilidade de Santiago, Tussa, concentráronse ante a pasarela da nova estación intermodal da cidade en demanda da firma dun convenio colectivo que unifique as condicións de traballo do persoal.

Convocados polo comité de empresa, denunciaron que na empresa conviven tres convenios colectivos diferentes, o de aparcadoiros, o provincial de oficinas e despachos e o antigo da empresa Setex Aparki.

"Fai máis de tres anos que existía un compromiso municipal para as bases da súa firma", lembran nun comunicado de prensa. Por iso, reclaman que rematen "os atrasos e a falta de vontade negociadora". Coa protesta, mostraron o seu "cansazo e enfado" ante o que consideran "falta de vontade para cumprir o mandato do consello de administración de Tussa".

Pola súa banda, critican a "anomalía" que supón esta situación de diferenzas en canto a condicións laborais e salariais entre o persoal e demandan que se unifique nunha única norma laboral. Segundo indican, foi tras as reunións do comité cos grupos municpiales e despois de que fose ao pleno do Concello cando a mesa negociadora reuniu en xuño.

"ABANDONO"

Non entenden "tanta demora" e afirman que "hai moitos meses que a actividade da empresa funciona ao 100%". Por iso, inciden, "urxe terminar esta negociación". De non lograr un acordo nos próximos días, avisan, continuarán coas mobilizacións "sen descartar ningunha medida de presión" ante o que consideran "abandono" por parte dos responsables municipais.

Traballadores de Tussa concéntranse ante a intermodal de Santiago. REMITIDA (CIG)
Traballadores de Tussa concéntranse ante a intermodal de Santiago. REMITIDA (CIG) | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta