Catro positivos nos cribados a estudantes de Bacharelato e mozos na área de Pontevedra

Leváronse a cabo unha decena de cribados entre o 30 de xuño e o 4 de xullo.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 05/07/2021 | Actualizada ás 15:44

Comparte esta noticia

A área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés detectou catro positivos no marco dunha decena de cribados realizados en varios municipios a estudantes de Bacharelato e mozos de menos de 20 anos entre o pasado 30 de xuño e este domingo 4 de xullo.

Segundo informou esta área sanitaria, o cribado poboacional levado a cabo o pasado mércores 30 de xuño con 330 mozos citados de 17 a 19 anos no municipio de Poio saldouse cun positivo entre as 189 probas PCR realizadas, o que supuxo un 57,2% de participación e un 0,53% de positivos.

O cribado realizado o 1 de xullo en Pontevedra con 179 estudantes de primeiro de Bacharelato citados do IES Sánchez Cantón de Pontevedra tivo un positivo de entre as 123 PCR efectuadas, o que leva un 68,72% de asistencia e un 0,81% de positivos.

Pola súa banda, os efectuados o pasado 1 de xullo con 30 citados de 1º de Bacharelato do IES SEK de Poio, ao que acudiron 18 estudantes (60% de partipación), e o do IES Xunqueira II con 117 convocados e 84 asistentes (71,7%), saldáronse sen positivos.

En canto ao levado a cabo o 2 de xullo con 93 convocados de 1º de Bacharelato do IES Frai Martín Sarmiento de Pontevedra, tivo 55 participantes (59,14%) e saldouse cun positivo (1,82%).

Mentres, ao realizado ese mesmo día 2 con 69 citados de 1º Bacharelato do IES Sagrado Corazón da cidade do Lérez acudiron 47 persoas (68,12%) e saldouse sen contaxios detectados.

Pola súa banda, o cribado con 785 mozos de 17 a 20 anos convocados entre o 2 e 3 de xullo en Marín tivo 397 participantes (50,57%) e saldouse cun positivo (0,25%).

OUTROS CENTROS

Polo seu lado, o cribado con 142 citados de 1º de Bacharelato do IES Valle Inclán do día 3 de xullo tivo 80 asistentes (56,34%) e ningún positivo; e o realizado entre o 3 e 4 con 348 convocados e 96 probas realizadas (27,59%) en FP Carlos Oroza tamén concluíu sen contaxios detectados.

Finalmente, en canto a centros educativos, o cribado con 130 convocados de 1º de Bacharelato do IES Xunqueira I o pasado día 4 de xullo contou con 71 asistentes (54,62%) e concluíu sen positivos.

En canto ao cribado poboacional convocado este pasado domingo en Vilaboa con mozos de 15 a 19 anos, á espera de concluír a codificación de casos, tivo 35 asistentes de 158 convocados, o 22,15% de participación, e ningún positivo.

A área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés insistiu en que continuará con novas planificacións e ampliacións que se requiran, "sempre en función da evolución e casuística de casos positivos de coronavirus na comarca".

Segundo os datos actualizados pola Consellería de Sanidade este luns, esta área sanitaria conta con 510 casos activos de Covid-19 e liderou os contagios detectados nas últimas 24 horas con 62 positivos.

Cribado realizado a traballadores da Deputación de Lugo.. DEPUTACIÓN DE LUGO
Cribado realizado a traballadores da Deputación de Lugo.. DEPUTACIÓN DE LUGO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta