Unha aplicación para produtores lácteos permitirá comparar os custos dentro do sector leiteiro

Este novo instrumento forma parte da estratexia de dinamización do sector lácteo posta en marcha polo Goberno galego, en colaboración coa Fundación Juana de Vega.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/07/2021 | Actualizada ás 18:07

Comparte esta noticia

O conselleiro de Medio Rural, José González, avanzou que proximamente porá a disposición dos gandeiros a aplicación Conta Láctea, que permitirá comparar custos de produción do leite coa media do sector, á vez que se busca unha mellora na posición para a negociación de contratos.

Así o expuxo este martes nunha reunión co secretario xeral de Unións Agrarias, Roberto García, na que a entidade agraria presentou un informe sobre o aumento dun 8,5% nos custos de produción para os produtores lácteos, o que supón unha perda de marxe dun catro céntimos por litro.

Este novo instrumento forma parte da estratexia de dinamización do sector lácteo posta en marcha polo Goberno galego, en colaboración coa Fundación Juana de Veiga.

A aplicación permitirá calcular custos, a través dun manexo intuitivo e sinxelo. Para dala a coñecer ao sector organizaranse diversas charlas explicativas, ademais de explicala en cursos de formación empresarial agraria para mozas. Tamén haberá un servizo para atender consultas de usuarios.

Pola súa banda, o líder de Unións Agrarias apelou a un incremento de prezos do litro de leite nos supermercados que repercuta nos ingresos dos gandeiros.

Reunión do conselleiro de Medio Rural, José González, e o líder de Unións Agrarias, Roberto García. XOÁN CRESPO
Reunión do conselleiro de Medio Rural, José González, e o líder de Unións Agrarias, Roberto García. XOÁN CRESPO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta