Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/07/2021 | Actualizada ás 19:30
A Deputación da Coruña concluíron as obras de rehabilitación da avenida de Ribados, na localidade coruñesa do Burgo, onde foron investidos un total de 252.000 euros para actuar de forma integral nesta zona do "corazón" do Concello de Culleredo.
Este martes, o presidente provincial, Valentín González Formoso, acompañado polo alcalde de Culleredo, José Ramón Rioboo, visitou a zona, onde se procedeu a modernizar a vía cunha humanización na que o peón cobra agora maior protagonismo.
A actuación incluíu a reforma da beirarrúa e das zonas de aparcamento, así como a variación do eixo da estrada para poder ampliar as beirarrúas e que cumpran cos criterios de accesibilidade.
As obras incluíron tamén a colocación de novos elementos de iluminación, de tipo LED, con columnas de 8 metros de altura, así como outras cuestións relacionadas coa xardinaría ou equipamentos de saneamento.
Segundo González Formoso, a obra é "un exemplo" de como o Plan Único da Deputación "axuda a mellorar as infraestruturas e servizos municipais" para facelos "máis accesibles, máis seguro e cómodos para os peóns".
Pola súa banda, o rexedor valorou a "implicación" do goberno provincial na actuación, que "incrementa a calidade de vida da cidadanía" e que constitúe "un exemplo da rexeneración urbana".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.