Polémica por unha excursión de maiores a Portugal en plena repunta de casos

Somos Ribadumia acusa ao alcalde da localidade de "xogar coa saúde da xente para quedar ben" por ter organizado esta saída, pensada para maiores de 55 anos.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/07/2021 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

Críticas ao Concello de Ribadumia por organizar unha excursión a Portugal en plena “repunta” de contaxios. A plataforma Somos Ribadumia vén de cargar contra o alcalde do concello pontevedrés por organizar esta saída ao país veciño --que a semana pasada, apuntan, instaurou novas restricións-- e que, por riba, estaría indicada para persoas maiores de 55 anos. 

Un vehículo diríxese á fronteira entre Portugal e Galicia, a 1 de maio de 2021. Europa Press
Un vehículo diríxese á fronteira entre Portugal e Galicia, a 1 de maio de 2021. Europa Press

Dende a plataforma amósanse comprensivos coa “necesidade” dos maiores de se manter activos, pero non pensan que este sexa o momento máis adecuado. “Dáse a circunstancia de que estamos asistindo a unha repunta da pandemia, e que o país veciño a pasada fin de semana volveu aumentar as medidas de restrición en varias cidades debido a alta incidencia da enfermidade, unha delas precisamente Braga, destino a excursión anunciada”, destacan. 

De aí que acusen ao goberno local de “xogar coa saúde e a vida da xente por quedar ben”.  “Non nos parece que sexa o momento de poñernos a facer viaxes deste tipo , metendo aos nosos maiores durante horas nun bus, que é un espazo bastante pechado, e menos aínda a lugares con alta incidencia da enfermidade”, apuntan, a pesar de que o Sergas xa vacinou coas dúas doses a grande parte deste colectivo.

FESTA "ILEGAL"

A asociación chega a cualificar de “burla” a oferta do consistorio para levar os maiores a Portugal, se ben apuntan que “xa nada nos sorprende” de parte desta administración. Un mes atrás, este mesmo grupo pediu a dimisión do alcalde David Castro por ter organizado unha festa que --din dende a plataforma-- rematou desmantelada pola Garda Civil ao incumprir as restricións entón imperantes. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta