A circulación da variante británica redúcese un 62% en Galicia, que acumula 187 casos da india

Hai 796 casos da variante Alfa con secuencia completa e 187 da Delta.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 07/07/2021 | Actualizada ás 14:08

Comparte esta noticia

A circulación da variante Alfa, con orixe en Reino Unido, reduciuse un 62 por cento en Galicia, mentres que a de orixe india, a Delta, acumula 187 casos.

Vista dun tubo cunha mostra tras a realización dunha proba PCR para a covid-19
Vista dun tubo cunha mostra tras a realización dunha proba PCR para a covid-19 | Fonte: Ión Alcoba - Europa Press.

Así o destacou a directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán Parrondo, na rolda de prensa na que por parte da Consellería de Sanidade explicaron a situación epidemiolóxicas e as novas medidas adoptadas tras a reunión do comité clínico deste pasado martes.

A doutora Durán puntualizou que dun 85 a 95 por cento que había fai unhas semanas de casos da variante británica (Alfa) en Galicia pasouse a un 62% agora.

Iso, explicou, "a expensas doutras variantes máis familiares, máis comúns", comentou a directora xeral de Saúde Pública para engadir que a situación das variantes "non varía case" con respecto á semana pasada en Galicia.

Segundo indicou, hai 796 casos da variante Alfa con secuencia completa e 187 da Delta. Destes segundos, 45 son con secuencia completa e 142 con proba confirmada por positivo.

Así mesmo, engadiu a doutora Carmen Durán que contan con 112 mostras en estudo para categorizar.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta