O Chuac alcanza os 3.505 transplantes renais, dos que 354 corresponden a doante vivo

Este mércores, o complexo hospitalario coruñés celebrou o seu transplante renal número 3.500.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 07/07/2021 | Actualizada ás 18:06

Comparte esta noticia

O Complexo Hospitalario Universitario A Coruña alcanzou os 3.505 transplantes renais, dos que 354 corresponden ao programa de transplante renal de doante vivo --segundo datos do 30 de xuño pasado--.

Así o informou a área Sanitaria da Coruña nun comunicado, no que explica que os transplantes renais de doante vivo supoñen cada ano un 25 por cento do total dos renais que se realizan no Chuac, "a segunda mellor cifra a nivel estatal", valora.

Do total, concretan as mesmas fontes sanitarias, 62 foron do grupo sanguíneo AB0 incompatible, 27 HLA incompatibles e sete transplantes cruzados.

Por parte da área coruñesa destacan que este programa "trata de dar cobertura a todo o sistema sanitario galego e máis do 60 por cento das parellas proceden doutros hospitais" de Galicia.

Respecto diso, subliñan que na actualidade o programa de transplante renal de doante vivo do Chuac constitúe "un dos máis activos do país" e, para iso, require da "colaboración e compromiso de múltiples servizos do hospital", recalcan as mesmas fontes sanitarias, como nefroloxía, uroloxía, anestesia, enfermaría, inmunoloxía, psiquiatría, radioloxía, laboratorio, anatomía patolóxica ou o comité de ética.

COMBINADOS

As mesmas fontes do Chuac lembraron que o 31 de decembro de 2016 o programa de transplante renal do Chuac alcanzou a cifra de 3.000 implantes renais realizados, dos que máis de medio centenar son intervencións combinadas con corazón, fígado ou pulmón.

O programa de transplante renal no Chuac naceu o 17 de xaneiro de 1981 coa realización dun enxerto de doante vivo --de pai a fillo--. Os primeiros transplantes foron con este tipo de doantes e a segunda trasplantada, unha nena de seis anos.

Así mesmo, lembraron que en 2018 alcanzouse a cifra " marca" de 131 transplantes de ril realizados no Chuac. Este mércores, este complexo hospitalario coruñés celebrou o seu transplante renal número 3.500.

O Chuac alcanza os 3.505 transplantes renais.. CHUAC
O Chuac alcanza os 3.505 transplantes renais.. CHUAC | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta