Temas: XUNTA RURAL PAC

A Xunta insiste ao Goberno central que teña en conta as peculiaridades de Galicia para a nova PAC

Pide ao ministerio "unha maior transparencia á hora de explicar as súas propostas".

Por E.P. | Santiago de Compostela | 07/07/2021 | Actualizada ás 18:22

Comparte esta noticia

A Xunta insiste en reclamar ao Goberno central que teña en conta "as peculiaridades" de Galicia na aplicación da futura política agraria común (PAC).

Un agricultor nun cultivo. NOSTOC BIOTECH
Un agricultor nun cultivo. NOSTOC BIOTECH

Galicia, xunto ao resto de territorios da cornixa cantábrica (Asturias, Cantabria e País Vasco) demandan ao Executivo español ter en conta "as peculiaridades da España húmida" no desenvolvemento desta política, fronte á orientación "mediterránea".

Neste sentido, a delegación galega lembrou que xa se trasladaron ao ministerio os documentos de consenso da defensa que fai a cornixa cantábrica.

Así o fixo este mércores na comisión sectorial de agricultura, á que asistiron, en representación de Galicia, o secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural, Nicolás Vázquez, e o director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros.

Como cuestión previa, pediron "unha maior transparencia á hora de explicar as propostas sobre a PAC".

DEMANDAS DE GALICIA

Neste escenario, Galicia solicitou o mapa "completo" das rexións PAC que se propoñen na aplicación da futura PAC a nivel español.

A Xunta considera "imprescindible" coñecer este deseño, así como os datos detallados para cada rexión, tanto de número de dereitos, hectáreas elixibles e importe asignado como da distribución dos dereitos segundo a súa contía inicial en 2023.

A postura de Galicia e do resto de comunidades cantábricas pivota sobre a defensa dun modelo de axudas directas que dea prioridade as pequenas e medianas explotacións e que atenda a realidade do norte de España, segundo lembra a Consellería de Medio Rural.

A cornixa defende que o deseño se faga por cada comunidade, "en función da súa realidade, establecendo os elementos comúns a nivel estatal cun enfoque de abaixo a arriba".

En relación co cofinanciamento, reclama que se recupere o equilibrio entre as achegas estatais e as das comunidades autónomas, "que rompeu no actual período".

Temas: XUNTA RURAL PAC
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta