Os detidos pola morte de Samuel coñecíanse entre eles e non tiñan relación coa vítima

As amigas de Samuel comentaron que están "moi contentas por como está a levar o caso a Policía" e "esperan" que o xulgado correspondente "non decepcione moito".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/07/2021 | Actualizada ás 21:07

Comparte esta noticia

Os tres detidos pola morte de Samuel Luiz, o mozo coruñés de 24 anos que o pasado sábado perdeu a vida tras recibir unha malleira na Avenida de Buenos Aires da cidade herculina, coñécense, pero non tiñan ningunha relación coa vítima.

Fontes coñecedoras da investigación, consultadas por Europa Press, confirmou que os dous homes e a muller de entre 20 e 25 anos, orixinarios da Coruña, e arrestados como presuntos autores materiais da malleira, son amigos.

Con todo, tal e como sinalou este mércores o delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, "todas as liñas de investigación seguen abertas", unhas pescudas que permanecen baixo segredo sumarial.

A esta situación tamén se referiron as amigas da vítima, que esta mañá volveron a prestar declaración no cuartel de Lonzas. As dúas amigas, que insistiron na imposibilidade de dar "demasiados datos" e que declararon por separado, comentaron que están "moi contentas por como está a levar o caso a Policía" e apuntaron ademais que "esperan" que o xulgado correspondente "non decepcione moito".

As mozas non quixeron pronunciarse sobre a posibilidade de que durante este mércores se produzan novas detencións, pero o delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, sinalou nunhas declaracións remitidas aos medios que "poderían producirse arrestos nas seguintes horas".

POLO MENOS 15 DECLARACIÓNS

Ata o momento, polo menos 15 persoas pasáronse polo cuartel de Lonzas, na Coruña, para declarar por este crime. Por agora, fontes oficiais aínda non confirman se se trata dun ataque homófobo, algo que se dirimirá na investigación, tal e como insiste a Delegación do Goberno.

Con todo, a amiga de Samuel que se atopaba no lugar dos feitos denuncia que durante a agresión, aínda que se iniciou por un malentendido cun teléfono móbil --quen lle propinou a primeira puñada pensaba que lle estaban gravando--, producíronse expresións homófobas. Un relato no que as dúas amigas do novo falecido insistiron este mércores tras testificar ante a Policía Nacional.

Os amigos de Samuel durante unha manifestación para condenar o asasinato do mozo de 24 anos o pasado sábado na Coruña debido a unha malleira, a 5 de xullo de 2021, na Coruña, Galicia, (España). Baixo a lema, #JusticiaParaSamuel, os asistentes quere. M. Dylan - Europa Press
Os amigos de Samuel durante unha manifestación para condenar o asasinato do mozo de 24 anos o pasado sábado na Coruña debido a unha malleira, a 5 de xullo de 2021, na Coruña, Galicia, (España). Baixo a lema, #JusticiaParaSamuel, os asistentes quere. M. Dylan - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta