Anulan a multa de 15.000€ da Xunta aos donos que alugaban un piso de protección oficial

A Administración poderá esixir aos donos o pago dos cartos gañados se continúan incumprindo o decreto de 2007 que lles impide arrendar a vivenda ata amortizar o préstamo.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/07/2021 | Actualizada ás 13:29

Comparte esta noticia

O Xulgado do Contecioso-Administrativo número 1 de Pontevedra anulou unha multa de 15.000€ que a Xunta impuxo aos donos dun piso de Monteporreiro de protección oficial que o alugaban sen ter amortizado o préstamo concedido pola Administración autonómica

Vivendas de protección oficial no antigo Ofimático. CONCELLO DA CORUÑA
Vivendas de protección oficial no antigo Ofimático. CONCELLO DA CORUÑA

No momento da compravenda, asiada en 2004, non se estableceu a obriga dos adquirintes de residir permanente nel sen límite temporal nin no perído de amortización da débeda, de 20 anos. Por iso, aínda que lles afecta o decreto do 2007 que impide arrendar a venda ata pagala, a multa foi anulada. No devandito decreto disponse que a compravenda de vivendas promovida polo Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), "o réxime de protección extenderase á amortización do préstamo concedido para a súa adquisición"

O xuíz destaca que se trata "dunha vivenda transmitiva directamente polo IGVS por un prezo moi inferior ao de mercado e cun réxime de financiamento tamén moi privilexiado", polo que entende que "contradí a finalidade e o espírito do devantido rexime de protección o que, cando o adquitente aínda non houbese pagado o prezo completo (quedándolle máis da metade), deixe de residir na vivenda e a alugue por unha renda tres veces superior ás mensualidades de pago aprazado que aínda ten pendentes, obtendo con iso un enriquecemento inxusto manifesto". 

Con todo, o xuiz destaca que os compradores puidesen entender que a afección do piso ao réxime de protección oficial finalizaría aos 30 anos, é dicir, en xaneiro do 2017, pois a data de cualificación definitiva do inmoble produciuse no 1987. O maxistrado considera que en 2018 subscribiron o contrato de arrendamento "con boa fe, de maneira transparente, depositando a fianza no propio IGVS".

O xuíz recalca que "non poden xa descoñecer a súa obriga de residir nela ou de transmitila cumprindo as condicións establecidas para as vivendas protexidas". Ademais, de non daren cumprimento efectivo ao réxime protexido da vivenda, a Administración "poderalles requerir o pago de todo o que gañasen co alugueiro"

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta