A Sociedade Española de Médicos Xerais e de Familia reclama a vacinación inmediata dos menores de 30

"A situación saiu de control porque se tomaron mais medidas liberalizadoras que non estaban de acordo ao nivel epidemiolóxico que tiña este país", din desde a SEMGF.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/07/2021 | Actualizada ás 16:35

Comparte esta noticia

O portavoz da Sociedade Española de Médicos Xerais e de Familia, o lucense Lorenzo Armentero, urxe a vacinación dos menores de 30 anos.

Avisa de que, "agora mesmo, tal e como está a situación", cos contagios disparados entre os máis novos, "a vacinación tense que volver converter nunha prioridade absoluta para estas franxas de idade".

O médico lucense volveu a chamar a atención sobre que "a vacinación vai ser vantaxosa para todos os sectores económicos e sociais", pero "se iso non ocorre, haberá que tomar medidas ou utilizar outras medidas coercitivas sobre sectores que foron moi afectados durante toda a pandemia, como pode ser o lecer, o turismo e a hostalaría".

"Situacións deste tipo, se non se vacina, vai dar lugar a problemas noutros sectores poboacionais, sociais e económicos", alertou o portavoz dos médicos xerais e de familia en España.

Respecto diso desta quinta onda, que xa se bautizou como a "onda nova", Armentero sinalou que "isto demostrou que cando se toman medidas liberadoras pero hai un sector da poboación non vacinado con alta tendencia á socialización, o que ocorreu é unha explosión de contaxios en número altísimo". Remarca que esta incidencia entre mozas de 20 a 30 anos "non se atopou en ningún outro sector poboacional".

Advirte de que algunhas comunidades están "en alarma extrema" por eses contagios de xente nova, "que ata agora non sobrecargan hospitais, pero en pouco tempo poden contaxiar a outras franxas de idade que non están vacinados ou cunha soa dose". Por iso, "este problema pódese agravar aínda máis".

"A situación está fóra de cotrol porque se tomaron mais medidas liberalizadoras que non estaban de acordo ao nivel epidemiolóxico que tiña este país", lamentou finalmente o portavoz da Sociedade Española de Médicos Xerais e de Familia.

Indicacións para o punto de vacinación nun hospital
Indicacións para o punto de vacinación nun hospital | Fonte: M. Dylan - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta