Lori Meyers, León Benavente, La Habitación Roja e Zahara, entre os case 20 artistas do Atlantic Fest

A novena edición do festival prolongarase desde o 12 ao 24 de xullo e contará con escenarios por toda Vilagarcía de Arousa.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 08/07/2021 | Actualizada ás 19:49

Comparte esta noticia

Lori Meyers, León Benavente, Dorian, La Habitación Roja, Zahara e Annie B. Sweet serán algúns dos case 20 artistas que pasarán polo Atlantic Fest de Vilagarcía de Arousa, cuxa programación completa se presentou este mércores.

O Atlanctic FEST de Vilagarcía de Arousa presenta a súa novena edición
O Atlanctic FEST de Vilagarcía de Arousa presenta a súa novena edición | Fonte: Consellería de Cultura.

A edición de 2021 estenderase do 12 ao 24 de xullo, con 13 citas musicais e a participación de 18 artistas e grupos en catro escenarios repartidos por Vilagarcía.

O acto de presentación tivo lugar no Auditorio Municipal de Vilagarcía, onde se instalará ademais o escenario Xacobeo 21-22 do Atlantic Fest e no que actuarán La Habitación Roja (día 13), María José Llergo (día 14), Derby Motoreta's Burrito Kachimba (día 20), Annie B. Sweet (día 21) e Rufus T. Firefly (día 22).

Tamén haberá representación da música galega no festival, coa participación de Ortiga, Verto, Kings of The Beach e Mounqup. Completan o cartel outros nomes, moi recoñecidos dentro do panorama músical como Depedro, Sidonie, Chucho, Johny B. Zero e Second.

Este é o primeiro evento da tempada 'FEST Galicia 2021', a marca creada polo Goberno galego "para apoiar este tipo de eventos, estratéxicos tanto no ámbito da cultura como no do turismo", segundo indicou o departamento da Xunta.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta