Galicia non notifica falecidos con Covid-19 este xoves, polo que a cifra de vítimas mantense en 2.439

Unha muller de 38 anos que faleceu no Chuac é o último óbito notificado pola Xunta.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/07/2021 | Actualizada ás 21:24

Comparte esta noticia

A Consellería de Sanidade non notificou falecidos con coronavirus este xoves, 8 de xullo. Deste xeito, o total de vítimas con covid desde o inicio da pandemia mantense en 2.439 en Galicia.

Unha muller de 38 anos que estaba ingresada no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac) é o último óbito comunicado en relación coa pandemia por parte da Xunta.

É a quinta vítima da pandemia en Galicia que ten menos de 40 anos. Esta muller presentaba patoloxías previas.

Posto de autocovid no Gil Casares, en Santiago. EUROPA PRESS - Arquivo
Posto de autocovid no Gil Casares, en Santiago. EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta