Ana Biempica, de Pontevedra, recibe a vacina 3 millóns

"Estamos todos desexando que isto pase", di.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/07/2021 | Actualizada ás 13:04

Comparte esta noticia

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) alcanzou este venres o tres millóns de doses de vacinas administradas contra a covid-10 entre a poboación galega.

A pontevedresa Ana Biempica, de 46 anos, foi a receptora da vacina coa que Galicia alcanza esta cifra no o Recinto feiral de Pontevedra, unha dose que lle administrou a enfermeira Teresa Villanueva.

"A verdade é que estou supercontenta de recibir por fin a pauta completa", declarou Ana Biempica con "sorpresa" ante a repercusión mediática que tivo a súa vacinación co preparado de Pfizer. "Estamos todos desexando que isto pase, que todo o mundo se poña as vacinas e que podamos vivir un pouco de normalidade", engadiu. Ana Biempica animou a toda a cidadanía a vacinarse. "Que non dubiden, isto é para o beneficio de todos", manifestou.

No recinto, o xerente da área Sanitaria de Pontevedra-O Salnés, José Ramón Gómez, agradeceu o traballo do persoal de enfermaría destinado nestes puntos de vacinación. Nesta área sanitaria xa se superaron as 305.000 doses administradas, o que supón que unhas 137.000 persoas, un 50% da poboación da área, xa ten a inmunización completa e unhas 50.000 persoas (18%) teñen tan só unha dose.

Imaxe da paciente que recibiu a inxección coa que Galicia alcanza os 3 millóns de doses administradas
Imaxe da paciente que recibiu a inxección coa que Galicia alcanza os 3 millóns de doses administradas | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta