Dous novos menores detidos polo crime de Samuel

Xa son seis os detidos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/07/2021 | Actualizada ás 13:15

Comparte esta noticia

A Policía Nacional detivo este venres a dous menores coruñeses vinculados co crime de Samuel, o mozo coruñés de 24 anos que o pasado sábado perdeu a vida tras unha malleira, segundo confirmou a Delegación do Goberno.

Pola súa idade, será o Xulgado de Menores e non o Xulgado de Instrución nº8 da Coruña --ao que lle corresponde o caso--, o que se encargue das súas declaracións.

Os novos detidos, que se coñecen entre eles pero non á vítima, súmanse aos outros catro arrestados --tres homes e unha muller de entre 20 e 25 anos--, que esta mañá pasaron a disposición xudicial no Xulgado de Instrución nº1 da Coruña, de garda este venres.

Un vehículo leva aos primeiros detidos para declarar como presuntos autores da malleira que causou a morte a Samuel Luiz na Coruña o pasado 3 de xullo, a 9 de xullo de 2021, na Coruña, Galicia, (España).. M. Dylan - Europa Press
Un vehículo leva aos primeiros detidos para declarar como presuntos autores da malleira que causou a morte a Samuel Luiz na Coruña o pasado 3 de xullo, a 9 de xullo de 2021, na Coruña, Galicia, (España).. M. Dylan - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta