Política Social apela a repensar as formas de consumir para impulsar o pequeno comercio

"Imprescindible para a subsistencia de miles de familias", di Fabiola García.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/07/2021 | Actualizada ás 14:17

Comparte esta noticia

A conselleira de Política Social, Fabiola García, destacou o pequeno comercio como "imprescindible para a subsistencia de miles de familias", polo que avogou "por un consumo responsable que permita avanzar cara a unha sociedade máis social, solidaria e sustentable". Así o fixo este venres durante no acto de presentación na Coruña da nova ferramenta dixital 'Pegada de emprego', da Fundación Knowcosters, destinada a identificar a contribución das empresas no emprego.

A conselleira de Política Social lembrou que a pandemia do covid-19 "permitiu cambiar as nosas prioridades". Neste sentido, agregou a necesidade de "aprender a pór o noso benestar e o dos demais por diante de todo". "A nosa actitude individual á hora de consumir pode supor un importante impulso para todas aquelas persoas que peor o están pasando", afirmou, para insistir no valor do pequeno comercio.

Fabiola García tamén considera que "cada vez os cidadáns son máis conscientes da importancia de realizar un consumo responsable que repercuta nunha sociedade mellor". "Segue sendo importante que tanto as administracións como as entidades civís sigan achegando información e concienciando sobre a súa relevancia", explicou García.

A conselleira de Política Social, Fabiola García, participa na presentación na Coruña da nova ferramenta dixital 'Pegada de emprego', da Fundación Knowcosters.. XUNTA
A conselleira de Política Social, Fabiola García, participa na presentación na Coruña da nova ferramenta dixital 'Pegada de emprego', da Fundación Knowcosters.. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta