O proxecto de ampliación do Hospital do Barbanza comezará en outono

Aumentarán "un 40% as camas" deste centro e reduciranse "as necesidades de derivación" a Santiago.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 09/07/2021 | Actualizada ás 15:29

Comparte esta noticia

A Xunta iniciará á volta do verán a obra da sala de endoscopias e o proxecto de ampliación do Hospital do Barbanza, situado en Ribeira, o que permitirá aumentar "un 40% as camas" deste centro e reducirán "as necesidades de derivación" a Santiago.

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, nunha visita ao Hospital do Barbanza
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, nunha visita ao Hospital do Barbanza | Fonte: Xunta.

Así o destacou este venres o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, nunha visita a este hospital comarcal, onde lembrou que "hai menos dun ano" inaugurara a ampliación de Urxencias. "Hoxe anunciamos que demos avances importantes", resaltou, para destacar o investimento de 200.000 euros para actuar en 120 metros cadrados co fin de mellorar a "amplitude clínica e mellorar circuítos", abundou.

Comesaña visitou este hospital acompañado pola xerente da área Sanitaria de Santiago e Barbanza, Eloína Núñez, e o alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz, para coñecer de primeira man os posibles espazos que acollerán as obras de ampliación do centro comarcal xa anunciadas.

O titular de Sanidade reiterou a aposta da Xunta polos hospitais comarcais, co desenvolvemento de melloras no sete cos que conta Galicia. Así, lembrou que o "85% da poboación galega atópase a menos de 30 minutos do seu hospital de referencia".

A ampliación da hospitalización prevista no plan funcional aprobado pola xerencia da área sanitaria suporá un aumento dun 40% das camas do hospital situado en Ribeira, que pasará de 81 a 117, o que posibilitará, incidiu Comesaña, en reducir as derivacións de pacientes a Santiago e "propiciará desconxestionamento e ampliar capacidade cirúrxica".

Segundo concretou con este proxecto arquitectónico para facer a ampliación o centro crecerá "nunha terraza na terceira planta". E esperan "poder licitar o proxecto en outubro".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta