O PPdeG defende que o seu congreso ten "plenas garantías" para a saúde pública

Os 'populares' trasladan o encontro de Pontevedra a Santiago

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 09/07/2021 | Actualizada ás 17:03

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, defendeu este venres que o congreso que reelixirá os próximos días 16 e 17 de xullo por quinta vez a Alberto Núñez Feijóo como presidente do partido celebrarase con "plenas garantías" para a saúde pública tras o seu traslado a Santiago.

Miguel Tellado, acompañado de José Manuel Barreiro e Marta González
Miguel Tellado, acompañado de José Manuel Barreiro e Marta González | Fonte: PPdeG.

En concreto, inicialmente estaba previsto que o conclave, no que se anunciou a asistencia dunhas 2.000 persoas, se celebrase en Pontevedra, pero en vista da evolución epidemiolóxica, os populares ratificaron esta mesma semana o cambio de localización ao Multiusos do Sar, situado na capital galega.

Preguntado acerca de se se prevé algunha outra medida, Tellado defendeu que, con este cambio e a propia organización do conclave, haberá "plenas garantías" para a saúde pública e para todos os participantes na cita congresual.

Ao tempo, reivindicou o traslado como unha decisión "responsable" e aproveitou a intervención para facer "unha chamada á prudencia e á tranquilidade" co foco nos mozos, dado que aínda "non hai vacinas suficientes" para este colectivo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta