A Xunta fai balance "positivo" da noite do venres, fóra dalgún botellón illado

Rueda ve "razóns dabondo" para remodelar o Goberno central: "Hai ministros queimados".

Por E.P. | PONTEVEDRA | 10/07/2021 | Actualizada ás 13:01

Comparte esta noticia

O vicepresidente primeiro da XuntaAlfonso Rueda, fai un balance "positivo" no que respecta ás aglomeracións producidas en Galicia na noite do venres, fóra "dalgún botellón" que houbo que sancionar e outras incidencias que, no entanto, foron "illadas".

Dous axentes de Policía Local pasean polo Porto de Sanxenxo para informar en cada un dos locais de lecer nocturno sobre as novas medidas Covid, en Sanxenxo, a 3 de xullo de 2021, en Pontevedra, Galicia (España). As autoridades poden chegar a mul. Marta Vázquez Rodríguez - Europa Press
Dous axentes de Policía Local pasean polo Porto de Sanxenxo para informar en cada un dos locais de lecer nocturno sobre as novas medidas Covid, en Sanxenxo, a 3 de xullo de 2021, en Pontevedra, Galicia (España). As autoridades poden chegar a mul. Marta Vázquez Rodríguez - Europa Press

En declaracións aos medios realizadas este sábado en Sanxenxo, durante a presentación do tramo da Volta 21 por este municipio, o 'número dous' do Goberno galego recalcou que "en xeral" a noite foi "ben", tendo en conta as novas medidas para conter os botellóns como o peche de parques, praias e outros espazos públicos pola noite.

"Houbo que facer varias denuncias, houbo que disolver algún simulacro de botellón, houbo que disolver algún botellón que se estaba producindo", enumerou, aínda que puntualizou que a noite foi "especialmente conflitiva" na cidade da Coruña.  A Policía Local da Coruña levantou nesa noite un total de 17 actas de sanción por intento de botellón: oito na praia de Orzán e nove na rúa Huerto, no barrio de Mesoiro. E tamén tres actas a locais de lecer por incumprir o horario de peche. No entanto, asegurou que non se produciu a mesma situación que "noutros sitios de España" ou que "en datas anteriores" en Galicia.

Ademais, recoñeceu que as festas en pisos privados son algo "moi difícil de controlar", polo que o tamén conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo fixo un "chamamento á responsabilidade" dos cidadáns. En calquera caso, Rueda destacou "o comportamento" das forzas da orde --"non hai palabras para agradecerlles o esforzo que sabemos que están a facer"-- e dirixiuse aos alcaldes e responsables políticos municipais para agradecerlles o seu labor por "a coordinación" entre as diferentes policías.

LECER NOTURNO CON PCR

Así mesmo, aproveitou para recalcar a "boa medida" que supón a obrigatoriedade dunha PCR negativa para gozar do lecer nocturno en municipios de nivel medio e alto de risco fronte á covid --as cidades de Pontevedra e Ourense, entre outros--. Para Rueda, é un protocolo que as persoas empresarias do sector "están a apoiar en xeral" porque "levan moitísimo tempo querendo traballar e necesitan facelo". "Moito mellor isto que decretar, como se fixo noutras comunidades autónomas, o peche do lecer nocturno", apostilou.

De igual modo, o vicepresidente primeiro da Xunta valorou que esta "medida nova" servirá tamén para algo "fundamental": "Estimular a realización de probas PCR entre a xente nova, que ultimamente estaba a acudir a cribados moito menos do necesario".

REMODELACIÓN DO GOBERNO CENTRAL

Noutra orde de cousas, o vicepresidente primeiro da Xunta, asegurou que ve "razóns dabondo" para que o titular do Goberno estatal, Pedro Sánchez, decida este sábado acometer unha reforma do seu equipo, porque ten "ministros absolutamente queimados". Rueda sinalou como Sánchez ten membros no seu Executivo de cuxa labor "el mesmo se encargou de descualificar persoalmente".

Neste sentido, mencionou ao ministro de Consumo, Alberto Garzón, protagonista dunha polémica nos últimos días ao impulsar unha campaña para reducir o consumo de carne que contou con críticas da parte socialista do Goberno. En calquera caso, o vicepresidente primeiro da Xunta --quen á súa vez é presidente do PP da provincia de Pontevedra-- advertiu que a remodelación "é unha potestade que lle corresponde a todo presidente do Goberno". "Perso se (vostede) me pregunta se hai razóns de que moitos membros dese Goberno sexan substituídos, eu diría que si", concluíu Rueda.

VOLTA CICLISTA 2021

A Volta Ciclista a España 2021 pasará polo municipio pontevedrés de Sanxenxo nunha das tres etapas que se celebrarán en Galicia, o que para a Xunta suporá, "dado o seu impacto mediático", o "escaparate perfecto" para dar a coñecer Galicia como "destino turístico internacional no marco do Xacobeo 21-22".

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo, Alfonso Rueda; o alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín; e o director de 'A Volta 21', Javier Guillén, participaron este sábado na presentación, na Praza dos Barcos, do tramo que percorrerá o municipio de Sanxenxo. "Os escenarios da competición en Galicia son unha mostra do que ten para ofrecer a nosa comunidade como destino turístico seguro, sustentable e de calidade", destacou Rueda, que subliñou ademais que Galicia presenta "todo o que demandan os turistas na actualidade: un turismo tranquilo en espazo abertos e non masificados en contacto coa natureza, como son os escenarios da 'Volta 21'".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta