Galicia achégase ao 60% da poboación diana xa inmunizada fronte á covid

O 93% da poboación maior de 40 anos susceptible de recibir a vacina conta polo menos cunha picada.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/07/2021 | Actualizada ás 12:06

Comparte esta noticia

Galicia supera o 58% da poboación diana a vacinar contra a Covid-19 con pauta completa tras alcanzar as 1.425.067 persoas inmunizadas, que supoñen 32.242 máis que a xornada anterior, mentres que un 76,62% dos cidadáns a inmunizar conta con polo menos unha dose. Segundo os datos actualizados na mañá deste domingo pola Consellería de Sanidade con rexistros ata o peche da xornada de vacinación do sábado, recollidos por Europa Press, administráronse 3.055.575 dose das 3.218.085 recibidas ata a data.

Dos datos publicados dedúcese que a xornada de vacinación deste sábado en Galicia centrouse en administrar doses para completar pautas, ao haber 32.242 persoas máis co proceso finalizado.

Por condición de vulnerabilidade, os últimos datos actualizados por Sanidade indican que se administrou polo menos unha dose a 15.084 persoas de alto risco (sen cambios) e 14.768 completaron a pauta (sen cambios); mentres que 17.610 dependentes non institucionalizados recibiron polo menos unha dose (sen cambios) e 17.376 contan coa pauta completa (sen cambios). Ademais, 26.444 persoas institucionalizadas recibiron como mínimo a primeira picada (sen cambios) e 26.300 finalizaron o proceso (sen cambios).

En canto ás persoas vacinadas por probabilidade de exposición, 72.927 traballadores do ámbito sanitario recibiron polo menos a primeira dose (+1) e 71.589 están inmunizados (+9). Así mesmo, administrouse a primeira inxección a 27.360 profesionais do ámbito sociosanitario e 26.690 contan coa pauta completa (sen cambios). Tamén recibiron como mínimo unha dose da vacina contra a Covid-19 no conxunto de Galicia 44.783 traballadores esenciais (+3) e 41.157 completaron o proceso (+6).

En canto ás persoas que foron citadas a vacinarse pola súa idade, a 1.560.655 cidadáns administróuselles polo menos unha dose (+158) e 1.227.155 teñen a pauta completa (+32.227).

GRUPOS DE IDADE

Por grupos de idade, recibiron polo menos unha dose ata o momento 131.195 persoas maiores de 85 anos (sen cambios); 96.039 de 80 a 84 anos (sen cambios); 134.187 de 75 a 79 anos (sen cambios); 152.692 de 70 a 74 anos (+1); 160.038 de 65 a 69 anos (+3); 169.671 de 60 a 64 anos (+7); 184.182 de 55 a 59 anos (+7) e 192.046 de 50 a 54 anos (+19).

A estas súmanse 198.300 persoas de 45 a 49 anos (+1.173) e 185.796 de 40 a 44 anos. Así, ata o momento foron vacinadas 384.096 persoas de 40 a 49 anos, un 86,7% duns 443.000 habitantes desta franxa de idade. Por tanto, ata o momento recibiron polo menos unha dose 1.604.146 persoas maiores de 40 anos en Galicia, que supoñen un 93,25% das 1.720.101 chamadas a vacinar en Galicia a partir desa idade --segundo os datos globais do Ministerio de Sanidade--.

Así mesmo, foron vacinadas 116.203 persoas de 35 a 39 anos (+37) e 20.900 de 30 a 34 anos (+14), grupos aos que se comezou a vacinar a semana pasada, o que supón 137.103 cidadáns, 51 máis que a xornada anterior, un 42,40% duns 323.300 a inmunizar en Galicia --segundo datos do Ministerio de Sanidade-- nesa franxa de idade.

Tamén recibiron polo menos unha dose 14.820 persoas de 25 a 29 anos (+6); 8.010 de 20 a 24 anos (+6); 826 de 15 a 19 anos (sen cambios) e 12 de 10 a 14 anos (sen cambios). En total, 1.880.872 persoas recibiron polo menos unha dose da vacina no conxunto de Galicia, 116.114 máis que na xornada anterior, o que representa un 76,62% da poboación diana a vacinar en Galicia --2.454.497 cidadáns, segundo os datos do Ministerio de Sanidade--.

Profesionais sanitarios participan na primeira vacinación masiva levada a cabo no Ifevi, en Vigo / Europa Press.  / Europa Press
Profesionais sanitarios participan na primeira vacinación masiva levada a cabo no Ifevi, en Vigo / Europa Press. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta