O peiteador galego Carlos Bardullas, premiado como 'Mellor estilista' a nivel estatal

O profesional, de orixe coruñesa, é coñecido por ser o creador do "sistema ambidextra", un método de corte a dúas mans.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 11/07/2021 | Actualizada ás 14:52

Comparte esta noticia

O peiteador galego Carlos Bardullas gañou este sábado o premio Galardón Revelación Nacional na categoría 'Mellor Estilista', un certame organizado polos estilistas Manuel Ferreiro, Mónica Gil e Ton Sanmartín. O Galardón Revelación Nacional foi creado en 2019 e, a diferenza doutros certames, unifica tanto a peiteadores como a maquilladores e deseñadores.

Bardullas, que tamén concorrera ás modalidades de 'Mellor Formador' e 'Vangarda' coa súa colección de esculturas capilares 'Son do Mar', agradeceu o recoñecemento "aos organizadores do certame, colaboradores e aos seus clientes incondicionais que sempre o apoiaron neste percorrido creativo".

Nos circuítos profesionais, o peiteador de orixe coruñesa é coñecido por ser o creador do "sistema ambidextra", un método de corte a dúas mans que modifica a estrutura do cabelo e incrementa ou reduce o seu volume segundo o obxectivo desexado polo cliente, segundo explica o propio premiado nun comunicado remitido aos medios.

Carlos Bardullas, perruqueiro galego.. CARLOS BARDULLAS
Carlos Bardullas, perruqueiro galego.. CARLOS BARDULLAS | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta