Feridos dous motoristas en Xinzo e Pontevedra

O motorista de Xinzo tivo que ser trasladado ao hospital.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 12/07/2021 | Actualizada ás 10:21

Comparte esta noticia

Dous motoristas sufriron sendos accidentes accidentes e tiveron que ser atendidos polos servizos de emerxencia en Xinzo da Limia e Pontevedra. De feito, o accidentado en Xinzo este pasado domingo foi levado ao hospital.

O sinistro tivo lugar na estrada comarcal OU-304, sobre o punto quilométrico 1. Por iso, por parte do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia avisouse aos axentes da Garda Civil de Tráfico, á Policía Local e aos Bombeiros e membros de Protección Civil do municipio.

Minutos despois, a dotación de bombeiros desprazada ata o lugar dos feitos confirmoulle ao 112 que o motorista foi trasladado ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO).

Moto accidentada
Moto accidentada | Fonte: GARDA CIVIL

FERIDO OUTRO MOTORISTA EN PONTEVEDRA

Tamén a colisión dun vehículo e unha moto rexistrada na noite deste pasado domingo saldouse co motorista ferido no municipio de Pontevedra. Segundo informou o 112 Galicia, este accidente tivo lugar uns minutos antes das 22,00 horas deste domingo ao chocar unha moto cun vehículo na Avenida de Marín en Pontevedra.

Foi o propio implicado neste accidente de tráfico quen se puxo en contacto co CIAE-112 Galicia para alertar do sucedido e solicitar asistencia médica.

En concreto, o 061 enviou á zona do sinistro unha ambulancia de soporte vital básico que asistiu no punto a un mozo de 26 anos que pediu á alta voluntaria e non requiriu traslado, confirmaron a Europa Press fontes sanitarias.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta