A Deputación de Ourense destina case 400.000 euros para cooperación con concellos

O presidente da Deputación, Manuel Baltar, participou nunha reunión con membros da Xunta, do Eixo Atlántico e de concellos galegos e portugueses polos que discorre 'Vía Nova', co obxectivo de colaborar conxuntamente para revalorizar o legado cultural da Gallaecia Romana.

Por E.P. | OURENSE | 12/07/2021 | Actualizada ás 20:55

Comparte esta noticia

A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense aprobou a concesión de case 400.000 euros para a execución de programas e proxectos no ámbito da cooperación local.

Así mesmo, a institución provincial informou de que o seu presidente, Manuel Baltar, e o responsable de Cultura da Xunta, Román Rodríuguez, asinaron en Santiago un convenio de colaboración para integrar e difundir no repositorio de Galiciana-Biblioteca Dixital de Galicia os recursos dixitais procedentes do escaneo e tratamento bibliográfico do xornal 'A Rexión'.

Así mesmo, Baltar participou nunha reunión econ membros da Xunta, do Eixo Atlántico e de concellos galegos e portugueses polos que discorre 'Vía Nova', co obxectivo de colaborar conxuntamente para revalorizar o legado cultural da Gallaecia Romana.

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar.. DEPUTACIÓN DE OURENSE
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar.. DEPUTACIÓN DE OURENSE

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta