Conde carga contra o Goberno central por "deixar á marxe" a Galicia da recuperación do automóbil

Insta ao Exectivo a "rectificar" na articulación do Proxecto Estratéxico para a Recuperación e Transformación Económica.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/07/2021 | Actualizada ás 13:23

Comparte esta noticia

A Xunta criticou a xestión realizada polo Goberno do Proxecto Estratéxico para a Recuperación e Transformación Económica (Perte) da automoción, xa que, segundo sinalou, "deixa á marxe" ás comunidades nas que este sector resulta "estratéxico", como Galicia. Así se manifestou o vicepresidente segundo do Executivo galego, que cuestionou a xestión do Goberno central neste ámbito, polo que considerou que debe "rectificar", segundo recolleu nun comunicado a Vicepresidencia Económica da Xunta.

"Hai unha opacidade evidente por parte do Goberno e entendemos que debe rectificar e convocar a conferencia sectorial de Industria para poder retomar o diálogo e que os proxectos tractores vinculados coa automoción conten coas comunidades autónomas que temos empresas que están a producir automóbiles en España", remarcou Conde.

Deste xeito, defendeu que Galicia "ten moito que achegar" e incidiu en que a aprobación dun Perte da automoción e o seu desenvolvemento "ten que contar coas comunidades autónomas, co tecido produtivo e cos centros tecnolóxicos".

O vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, na Cámara de Comercio da Coruña xunto ao seu presidente, Antonio Couceiro
O vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, na Cámara de Comercio da Coruña xunto ao seu presidente, Antonio Couceiro | Fonte: Europa Press.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta