Sete asociacións reciben axudas para a formación no ámbito do transporte por estrada

O obxectivo é que as beneficiarias poidan mellorar as capacidades dos seus asociados en seguridade viaria, manipulación de mercadorías perigosas e eficiencia na xestión empresarial.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/07/2021 | Actualizada ás 19:03

Comparte esta noticia

A Consellería de Infraestruturas fixo pública este martes a resolución coa listaxe das sete asociacións profesionais e empresariais ás que se concederon axudas para a formación no ámbito do transporte por estrada en Galicia, que se corresponden coa convocatoria do ano 2021, por un valor de 400.000 euros.

As axudas van dirixidas ás entidades que se integran no comité galego de transportes, co obxectivo de que elaboren e desenvolvan un plan formativo para os profesionais do sector.

A distribución destas axudas fíxose entre aqueles plans que alcanzaron as maiores puntuacións, atendendo a criterios como a representatividade, a adecuación dos cursos, o seu menor custo ou a promoción do galego.

O obxectivo da consellería é que as beneficiarias poidan mellorar as capacidades dos seus asociados en seguridade viaria, manipulación de mercadorías perigosas e eficiencia na xestión empresarial.

As entidades que resultaron beneficiarias teñen ata o 2 de novembro para presentar a documentación justificativa das accións formativas realizadas ao amparo desta nova convocatoria.

Camión
Camión | Fonte: Jesús Hellín - Europa Press - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta