Podemos Galicia cualifica de "éxito" do Goberno de coalición a bonificación das peaxes da AP-9

"Nunca antes un Goberno se comprometera dunha forma tan clara coa AP-9, ningún goberno do PP o fixo", apuntou Gómez Reino nun comunicado remitido aos medios.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/07/2021 | Actualizada ás 19:28

Comparte esta noticia

O secretario xeral de Podemos Galicia, Antón Gómez Reino, asegurou que a bonificación das peaxes da AP-9 é un paso histórico" e un "éxito" do Goberno de coalición.

Así se pronunciou despois de que o Consello de Ministros autorizase este martes a senda de gasto que permitirá aplicar a redución dos paxes nesta autovía que impulsa o Ministerio de Transportes ata o final da concesión da infraestrutura en 2048.

"Nunca antes un Goberno se comprometera dunha forma tan clara coa AP-9, ningún goberno do PP o fixo", apuntou Gómez Reino nun comunicado remitido aos medios.

O deputado no Congreso considerou que deben de seguir traballando para que a AP-9 "continúe na senda de ir revertendo beneficios para a sociedade para que se poida gozar dunha autoestrada galega, pública e gratuíta".

Estas medidas, conforme indicou, beneficiarán a miles de galegos que "están a pagar unha autoestrada máis que amortizada" e que é o resultado de entregar a infraestrutura a mans privadas, tras prorrogar dúas veces a concesión, ampliada co PP de Aznar ata o 2048 e aprobar subidas do 1% ata o momento.

O deputado de Galicia en Común, Antonio Gómez-Reino. EUROPA PRESS/E. Parra. POOL - Europa Press / Europa Press
O deputado de Galicia en Común, Antonio Gómez-Reino. EUROPA PRESS/E. Parra. POOL - Europa Press / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta