Sindicatos urxen unha solución para os traballadores das auxiliares de Endesa

"Esa transición xusta da que tanto se fala", sinala o secretario xeral da Federación de Industria de CCOO, Víctor Ledo, "vemos que se difumina. É papel mollado".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/07/2021 | Actualizada ás 20:29

Comparte esta noticia

A piques de cumprirse unha semana desde o inicio da acampada reivindicativa fronte ao Concello das Pontes, os sindicatos con representación na industria auxiliar asociada á actividade da central térmica denunciaron "ao abandono, a desidia, a indolencia e a insensibilidade" de Endesa e dos gobernos central e autonómico, aos que urxen unha solución.

Os sindicatos, que critican a "desidia" en relación co emprego das compañías complementarias e dos transportistas do carbón, lamentaron a "calada por resposta" das administracións á convocatoria dunha nova reunión para abordar o futuro dos preto de 200 traballadores que ata agora dependían indirectamente da actividade da central, sen contar os camioneiros.

"Esa transición xusta da que tanto se fala", sinala o secretario xeral da Federación de Industria de CCOO, Víctor Ledo, "vemos que se difumina. É papel mollado". Ledo criticou a por pedir o peche "cando encima da mesa non tiña ningunha alternativa" e acusouna de "falta de sensibilidade coas Pontes e a súa contorna".

O sindicalista estendeu esa crítica aos gobernos central e autonómico por "seguir sen asinar o convenio de transición xusta de As Pontes". "A súa inoperancia", engadiu, "é o que está a permitir a Endesa actuar libre de mans á hora de cumprir o compromiso de recolocar aos traballadores das auxiliares". "As administracións", finalizou, "teñen que pór coto a esta política abusiva de Endesa".

ZONA CERO DA CRISE INDUSTRIAL

O secretario xeral da CIG, Paulo Carril, asegurou que Ferrolterra é "a zona cero da crise industrial" de Galicia e subliñou que o proceso que se está facendo nas Pontes con lacentral "non é unha transición, senón unha demolición". "Non hai presente nin futuro", apuntou, "e non se fixo nada no desenvolvemento de alternativas".

Carril sostivo que se está producindo unha "desertización industrial" tanto na contorna das Pontes como, en xeral, no conxunto de Galicia, e denunciou que a transición enerxética"só ten políticas públicas para regular e financiar as decisións que toman os consellos de administración das grandes empresas para acometer esta demolición".

Nese sentido, sinalou a Endesa por "non asumir ningún tipo de responsabilidade, nin social, nin económica, nin laboral, nin ambiental" sobre o "espolio dos nosos recursos", e afeou aos gobernos "que llo permitan. Iso é o grave", dixo. Carril finalizou a súa intervención demandando "decisións políticas" en lugar de "propaganda" para reverter a situación.

Por último, o representante de UGT, Nicasio Pena, repasou o proceso que desde decembro de 2019 co anuncio de peche da térmica "tróuxonos ata aquí", recalcando a "inxustiza" de iniciar unha transición enerxética "cando outros países están a levar as centrais ata 2030 ou 2035, ou mesmo máis aló, pois Alemaña aínda está a montar algunha", afirmou.

"Non hai transición cun peche dun día para outro, de golpe a porrazo", engadiu Pena, que explicou que, cun proceso ordenado o compromiso de que as auxiliares e os transportistas incorporásense aos traballos de desmantelamento sería o máis adecuado, pero, con todo, "está todo paralizado".

"Entendemos que haxa que ir a unha enerxía verde", dixo Pena, "pero para iso hai que dar unha marxe que neste caso non se deu".

Protesta dos traballadores da central térmica de Endesa nas Pontes ás portas da sede do Goberno galego en Santiago
Protesta dos traballadores da central térmica de Endesa nas Pontes ás portas da sede do Goberno galego en Santiago | Fonte: Europa Press.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta