Un traballador resulta ferido ao caer dende un poste en Meaño e trasládano ao CHUS en helicóptero

Un particular notificou os feitos ás catro menos cuarto da tarde.

Por E.P. | PONTEVEDRA | 13/07/2021 | Actualizada ás 21:01

Comparte esta noticia

Un operario foi trasladado este martes ao resultar ferido ao precipitarse desde un poste no que estaba a traballar.

Eran as catro menos cuarto cando un particular se puña en contacto co 112 Galicia para informar da caída dun traballador na parroquia de Dena, no concello de Meaño.

Os operadores do 112 Galicia deron aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Policía Local e á Garda Civil.

Ademais, os servizos sanitarios mobilizaron ao helicóptero medicalizado con base en Santiago, que trasladou ao ferido ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS).

Clínico, Chus. EUROPA PRESS - Arquivo
Clínico, Chus. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta