A alcaldesa da Coruña defende que a cidade é "segura" e que os índices de criminalidade "son moi baixos"

Por E.P. | A Coruña | 14/07/2021 | Actualizada ás 14:29

Comparte esta noticia

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, cualificou á cidade como "segura" e asegurou que os índices de criminalidade son "moi baixos", a preguntas dos medios durante unha rolda de prensa no concello.

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey
A alcaldesa da Coruña, Inés Rey | Fonte: Concello da Coruña.

Atendendo aos datos, Inés Rey manifestou que a cidade "non está nunha situación de risco". Segundo afirma a rexedora coruñesa, non houbo "un aumento da criminalidade ou da inseguridade mais alá de feitos dramáticos, que teñen un carácter puntual", dixo en referencia á malleira que custou a vida a Samuel Luiz o pasado 3 de xullo.

Lembrou que a semana pasada mantivo unha reunión coa subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, e manifestou que ambas as administracións traballan para que "os coruñeses se sentan seguros e protexidos".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta