Convocadas 4.500 persoas a cribados na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés

Por Europa Press / Redacción | Pontevedra | 14/07/2021 | Actualizada ás 18:06

Comparte esta noticia

Unhas 4.500 persoas foron convocadas entre este venres e o vindeiro luns a cribados na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés que o comité clínico sitúa en nivel medio de restricións pola situación epidemiolóxica da Covid-19.

Unha muller sométese a un test de antíxenos nun dispositivo de cribado masivo na Coruña
Unha muller sométese a un test de antíxenos nun dispositivo de cribado masivo na Coruña | Fonte: M. Dylan - Europa Press.

Segundo informou esta área sanitaria, para este venres, 16 de xullo, están citadas unhas 500 persoas a un cribado no centro de saúde de Baltar, no concello de Sanxenxo, en horario de tarde.

Na mesma xornada serán convocadas 1.200 persoas de 18 a 35 anos de Vilagarcía, Vilanova e A Illa de Arousa, así como de Cambados, a un cribado no recinto feiral de Fexdega, no primeiro concello, en horaro de mañá e tarde.

Pola súa banda, o sábado, día 17, están citadas 1.200 persoas de 18 a 35 anos de idade das localidades de Vilagarcía, Vilanova, Cambados e A Illa tamén en Fexdega a outro cribado.

Mentres, o domingo 18 de xullo serán convocadas 800 persoas de 18 a 35 anos de Pontevedra, Poio e Marín, municipios tamén en nivel medio, a un cribado.

Así mesmo, para o luns 19 citarán a outras 800 persoas de 18 a 35 anos de Pontevedra, Poio e Marín a un cribado no Covid auto do Hospital Provincial en horario de mañá e tarde.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta