Recibe a alta unha menor de 14 anos que estivo ingresada no CHUO tras contaxiarse de covid-19

Os casos activos e os ingresos hospitalarios cada vez son de menor idade.

Por Europa Press / Redacción | Ourense | 14/07/2021 | Actualizada ás 20:19

Comparte esta noticia

Unha menor de 14 anos estivo varios días ingresada no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO) tras contaxiarse de covid-19, aínda que, segundo puido saber Europa Press, xa recibiu a alta.

Un profesional sanitario prepara a padiola para baixar da ambulancia a un paciente con COVID-19 nunha imaxe de arquivo. CARLOS CASTRO - EUROPA PRESS
Un profesional sanitario prepara a padiola para baixar da ambulancia a un paciente con COVID-19 nunha imaxe de arquivo. CARLOS CASTRO - EUROPA PRESS

As autoridades sanitarias e políticas incidiron nas últimas semanas na mensaxe de que os casos activos e os ingresos hospitalarios cada vez son de menor idade.

No caso de Ourense, nesta xornada, a área lanzaba a través do Twitter un aviso apelando, especialmente se non se está vacinado, a manter as medidas de prevención fronte ao virus, co foco no uso de máscara e gardar a distancia de seguridade.

Así mesmo, dos 1.243 casos positivos dos que se informou nesta xornada, concretábase que 163 son novos e había 12 ingresos cunha media de idade de 43 anos.

Entre eles atopábase a menor.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta