Grupos de apoio para persoas LGBTI, unha iniciativa para que o colectivo poida expresarse libremente

A concelleira de Igualdade de Pontevedra expresa a necesitade de contar cun espazo onde a comunidade se poida desafogar e asesorar.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/07/2021 | Actualizada ás 12:08

Comparte esta noticia

A Concellería de Igualdade de Pontevedra está a conformar uns grupos de apoio para persoas LGBTI que serán xestionados polo Centro de Información en Diversidade e Sexualidade de Pontevedra (CIDES). "Ante un escenario no que aumentan os discursos e delitos de odio, faise máis necesario que nunca contar cun espazo de desafogo e asesoramento do colectivo LGTBIQA+", explica a concelleira de igualdade Yoya Blanco.

A concelleira de Igualdade de Pontevedra, Yoya Blanco - cedida
A concelleira de Igualdade de Pontevedra, Yoya Blanco - cedida

Baixo o lema "Máis xuntas que nunca" este servizo configúrase como un punto de encontro no que se poden abordar cuestións que o colectivo non sabe onde resolver, preguntar dúbidas ou coñcecer a xente que se poida atopar na mesa situación. A coordinadora do CIDES, Ada Otero, será a encargada de organizar e dirixir as sesións.

Otero avanza que estas sesións están pensadas para grupos dun máximo de sete persoas para que "se poida aproveitar ao máximo o tempo con todos os asistentes". Ademais tamén comenta que se poderán negociar cos participantes os horarios das sesións e que agora xa teñen confirmadas a cinco persoas para manter a primeira reunión o próximo xoves 22 de xullo.

CASOS DE AGRESIÓN CONFESADOS NESTAS SESIÓNS

A coordinadora de CIDES explica que dos 77 contactos rexistrados polo centro durante o 2020, 40 delas foron orientacións e acompañamentos sobre xénero e sexualidade, rexistrándose un incremento significativo no último semestre do ano. "Houbo un par de casos de persoas que me confesaron ter sofrido agresións LGTBIfóbicas. Eu ofrecinlles a opción de acudir á Oficina de Atención as Vítimas que hai en Pontevedra, pero ningunha delas me comunicaron a súa vontade de presentar denuncia", apunta Ada Otero.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta