Presentan as propostas na Coruña para acordar un protocolo e abrir o peirao de Batería

A proposta procura a adecuación e humanización dos terreos ocupados polo peirao de Batería e tamén o proxecto de protocolo para a reordenación do espazo portuario interior coruñés.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/07/2021 | Actualizada ás 21:30

Comparte esta noticia

O Concello presentou este xoves na comisión de traballo do porto as súas propostas para avanzar na definición do futuro da fachada marítima.

Segundo informou o Consistorio, presentou a súa proposta de convenio de colaboración coa Xunta de Galicia e a Autoridade Portuaria da Coruña para a adecuación e humanización dos terreos ocupados polo peirao de Batería e tamén o proxecto de protocolo para a reordenación do espazo portuario interior coruñés.

En canto ao proxecto do novo protocolo, propón a creación dun ente público participado polo resto de administracións competentes e tamén a elaboración dun Plan Director que estableza os diferentes usos e nas distintas zonas en virtude da súa natureza.

O Concello participaría na adquisición dos terreos da zona 1 nun 75% do seu valor de tasación a través de achegas periódicas anuais no período entre 2021 e 2035 e o resto de administracións participantes adquiriría o 25% restante.

No caso do convenio, a proposta, esgrime o goberno local, ten como obxectivo garantir o acondicionamento do peirao de Batería para a súa inminente apertura á cidade.

Porto exterior da Coruña. AUTORIDADE PORTUARIA DA CORUÑA
Porto exterior da Coruña. AUTORIDADE PORTUARIA DA CORUÑA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta