Coñece as novas ofertas das universidades galegas para o próximo curso

A USC, UVigo e UDC incorporan tres novos graos, cinco másteres e dous programas de doutoramento.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/07/2021 | Actualizada ás 12:24

Comparte esta noticia

As tres universidades públicas do Sistema Universitario Galego (SUG) incorporarán á súa oferta académica un total de dez titulacións de tres graos, cinco másteres e dous programas de doutoramento novos para o próximo curso 2021/22.

A oferta destas novas titulacións faise efectiva no Diario Oficial de Galicia (DOG) este venres, coa publicación da orde de implantación de ensinos universitarios en Galicia. Todas as titulacións recibiron o visto e prace do Cosnello Galego de Universidades, da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG) e do Consello de Universidades.

Nun comunicado, a Consellería de Cultura, Educación e Universidade explicou que, no que respecta aos novos títulos de grao, inclúense dous na rama de Humanidades, un para a Universidade de Santiago de Compostela (USC) e outro na Unviersidade de Vigo (Uvigo).

Deste xeito, a Facultade de Humanidades do Campus de Lugo da USC ofertará o próximo curso o grao en Xestión Cultural, con 45 prazas a razón de 25 na modalidade presencial e 20 na semipresencial. A posta en marcha deste grao inicia o proceso de extinción do Grao en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural.

O outro desta rama é o grao de Filoloxía Aplicada Galega e Española, que se impartirá na Facultade de Filoloxía e Tradución do Campus de Vigo (UVigo). Neste caso, ofértanse 50 prazas e o grao contará con dúas especialidades ou mencións, que son a Mención galegoy a Mención Español. O feito que este grao se imparta inicia o proceso de extinción do grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos literarios no mesmo campus e centro.

Así mesmo, a Universidade da Coruña (UDC) ofertará o grao de Máquinas Navais, que se poderá cursar na Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas no campus herculino. O grao disporá de 50 prazas en modalidade presencial e dúas mencións, unha en Enerxía e Propulsión e outra en Oficial Electrotécnico. Estes inician o proceso de extinción do grao en Tecnoloxías Mariñas.

Unha examinadora mostra un dos exames de selectividade, antes de dar comezo a proba nunha aula da Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela / César Arxina - Europa Press. / Europa Press
Unha examinadora mostra un dos exames de selectividade, antes de dar comezo a proba nunha aula da Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela / César Arxina - Europa Press. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta