Máis do 65% da poboación a vacinar en Galicia contra a covid-19 conta xa coa pauta completa

Os expertos sitúan a inmunidade de grupo no 70%.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/07/2021 | Actualizada ás 11:58

Comparte esta noticia

Un 65,45% da poboación a vacinar contra a Covid-19 en Galicia xa conta coa pauta completa, 1.606.544 persoas, tras completar o proceso 35.348 cidadáns máis a xornada pasada.

Segundo os datos actualizados na mañá deste sábado pola Consellería de Sanidade con rexistros ata o peche da xornada de vacinación do venres, recollidos por Europa Press, administráronse 3.259.048 doses das 3.315.195 recibidas ata a data, que supoñen 35.718 postas máis; e tamén que o Sergas mantén 56.000 doses sen inocular ata o momento, 

Así, dos datos publicados dedúcese que a xornada de vacinación deste venres en Galicia centrouse en administrar segundas doses, xa que 35.348 persoas máis completaron o proceso.

Por condición de vulnerabilidade, os últimos datos actualizados por Sanidade indican que se administrou polo menos unha dose a 15.258 persoas de alto risco (+72) e 14.862 completaron a pauta (+37); mentres que 17.624 dependentes non institucionalizados recibiron polo menos unha dose (+2) e 17.411 contan coa pauta completa (+3). Ademais, 26.554 persoas institucionalizadas recibiron como mínimo a primeira picada (sen cambios) e 26.400 finalizaron o proceso (sen cambios).

En canto aos vacinados por probabilidade de exposición, 73.049 traballadores do ámbito sanitario recibiron polo menos a primeira dose (+12) e 71.853 están inmunizados (+30). Así mesmo, administrouse a primeira inxección a 27.414 profesionais do ámbito sociosanitario e 26.766 contan coa pauta completa (+15).

Tamén recibiron como mínimo unha dose da vacina contra a Covid-19 no conxunto de Galicia 44.744 traballadores esenciais e 41.920 completaron o proceso (+33). En canto ás persoas que foron citadas a vacinarse pola súa idade, a 1.590.286 cidadáns administróuselles polo menos unha dose (+1.920) e 1.407.295 teñen a pauta completa (+35.229).

Un mozo acode a recibir unha dose da vacina de AstraZeneca no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, a 27 de maio de 2021 / Rosa Veiga - Europa Press. / Europa Press
Un mozo acode a recibir unha dose da vacina de AstraZeneca no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, a 27 de maio de 2021 / Rosa Veiga - Europa Press. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta