Aberto o prazo para axudas de ata 40.000€ á instalación de placas solares

O plan está orientado a empresas, autónomos, concellos e entidades sen ánimo de lucro.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/07/2021 | Actualizada ás 12:27

Comparte esta noticia

A Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación acaba de abrir o prazo para que empresas, autónomos, concellos e entidades sen ánimo de lucro soliciten axudas de entre 25.000 e 40.000 euros para instalar proxectos de enerxías renovables fotovoltaicas.

Os interesados teñen de prazo ata o 1 de decembro deste ano para pedir estas subvencións ou ata que se esgote o orzamento total da convocatoria, que consta de 4,5 millóns de euros cofinanciados con fondos europeos. A previsión é impulsar ao redor de 300 iniciativas.

A axuda máxima será de 40.000 euros no caso de autónomos, empresas e concellos, e de 25.000 euros para as entidades sen ánimo de lucro.

A Vicepresidencia Segunda da Xunta prevé que estas subvencións mobilicen sobre 14 millóns de euros e permitan aforros económicos de 2,6 millóns de euros anuais e de 20.000 megawatts por hora. Ademais, a redución de emisións de dióxido de carbono será a equivalente a 350.000 árbores.

Placas solares
Placas solares | Fonte: Ecoloxistas en Acción

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta