Galicia ponse a un paso da inmunidade do grupo con 1'8 millóns de persoas vacinadas

Un 74% dos galegos a vacinar contan xa cunha dose e máis do 65% ten a pauta completa.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/07/2021 | Actualizada ás 16:40

Comparte esta noticia

Un 74% dos galegos susceptibles de recibir a vacina contra a covid-19 conta con polo menos unha picada, tras alcanzar as 1.816.471 vacinadas. Ademais, o 65,56% está inmunizado contra o virus, 1.609.390 persoas, tras completar o proceso 2.846 cidadáns máis a xornada pasada.

Segundo os datos actualizados na mañá deste domingo pola Consellería de Sanidade con rexistros ata o peche da xornada de vacinación do sábado, recollidos por Europa Press, administráronse 3.281.141 doses das 3.315.195 recibidas ata a data, o que supoñen 22.093 inoculacións máis

Así, dos datos publicados dedúcese que a xornada de vacinación deste sábado en Galicia centrouse en vacinar a persoas na franxa de idade de entre 30 e 39 anos, xa que é onde se rexistra unha maior subida, con 6.491 doses postas máis no de 35 a 39 anos, e 12.336 de 30 a 34 anos.

Por condición de vulnerabilidade, os últimos datos actualizados por Sanidade indican que se administrou polo menos unha dose a 15.271 persoas de alto risco (+13) e 14.876 completaron a pauta (+14); mentres que 17.623 dependentes non institucionalizados recibiron polo menos unha dose e 17.411 contan coa pauta completa (sen cambios). Ademais, 26.555 persoas institucionalizadas recibiron como mínimo a primeira picada (+1) e 26.400 finalizaron o proceso (sen cambios).

Indicacións para o punto de vacinación nun hospital / M. Dylan - Europa Press / Europa Press
Indicacións para o punto de vacinación nun hospital / M. Dylan - Europa Press / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta