Sanidade non comunica falecidos con covid este domingo

A cifra de vítimas mortais en Galicia mantense en 2.442.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/07/2021 | Actualizada ás 20:55

Comparte esta noticia

A Consellería de Sanidade non comunicou falecidos con coronavirus este domingo, por segunda xornada consecutiva, en Galicia. Así, a cifra de vítimas mortais mantense en 2.442. A última defunción notificada pola Xunta a causa do coronavirus produciuse este venres; un home de 73 anos, que presentaba patoloxías previas e estaba ingresado no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.

Conforme vén avanzando o proceso de vacinación, o número de falecidos que se notificaba cada día foi en descenso en Galicia, na liña do que sucede no resto do estado.

Dous traballadores sanitarios protexidos acoden a unha residencia de anciáns
Dous traballadores sanitarios protexidos acoden a unha residencia de anciáns | Fonte: Carlos Castro - Europa Press - Arquivo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta