Unha muller de 76 anos, a vítima 2.443 por covid-19 rexistrada en Galicia

Nos hospitais galegos hai agora 140 pacientes ingresados por covid, 18 máis que no parte anterior.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/07/2021 | Actualizada ás 20:06

Comparte esta noticia

Unha muller de 76, diagnosticada por coronavirus, faleceu nas últimas horas no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela (CHUS). Presentaba patoloxías previas.

Con esta morte, segundo os datos rexistrados pola Consellería de Sanidade, en Galicia perderon a vida como consecuencia da pandemia un total de 2.443 persoas.

Esta morte produciuse o 16 de xullo e foi acreditada este luns. Durante a fin de semana non foron comunicadas novas mortes vinculadas á pandemia.

Nas últimas horas incrementouse a presión hospitalaria. Nos hospitais galegos hai agora 140 pacientes ingresados por covid, 18 máis que no parte anterior. Mentres, Galicia contabiliza máis de 11.000 casos activos, coa incidencia entre a poboación sen vacinar disparada.

UCI do Hospital Clínico de Santiago / Ana Varela - Xunta.  / Europa Press
UCI do Hospital Clínico de Santiago / Ana Varela - Xunta. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta