Temas: PONTEVEDRA ENCE

O comité de empresa de Ence pide a reunión da mesa de diálogo para buscar unha "solución"

Tamén mantiveron un breve contacto co conselleiro delegado de Ence que, ademais de confirmarlles que a empresa recorrerá a sentenza ante o Tribunal Supremo, os emprazou a unha reunión coa dirección este próximo xoves.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/07/2021 | Actualizada ás 20:17

Comparte esta noticia

O comité de empresa de Ence solicitará á Delegación do Goberno que se volva a convocar a mesa de diálogo para "avanzar na negociación" sobre o futuro da factoría pasteira tras a sentenza da Audiencia Nacional que anulou a prórroga ao seu actual emprazamento en Lourizán. O secretario do comité de empresa, Pablo Bacariza, urxiu unha "solución" que lles permita "seguir traballando".

Tras celebrar unha reunión do comité, os seus integrantes dirixíronse na mañá deste luns á Subdelegación do Goberno en Pontevedra para pedir a mediación da subdelagada, Maica Larriba. Finalmente, a próxima semana serán convocados.

Tamén mantiveron un breve contacto co conselleiro delegado de Ence que, ademais de confirmarlles que a empresa recorrerá a sentenza ante o Tribunal Supremo, emprazoulles a unha reunión coa dirección este próximo xoves.

"Non dicimos: ou en Lourizán ou en ningún sitio", explicou o presidente do comité da fábrica -maioritariamente representado polo sindicato CIG-- fronte ao posicionamento do comité de oficinas, representado por CCOO, senón que "se a fábrica non pode continuar aí, as Administracións e a empresa teñen que buscar unha solución para garantir o emprego", engadiu.

MOBILIZACIÓN

"Non nos vale o peche", insistiu Bacariza, a pesar de recoñecer que "é moi complicado que se revogue a sentenza". Por iso, o comité de empresa de Ence está disposto a convocar unha manifestación, da que tamén sería partícipe o comité das oficinas, que xa celebrou a súa propia mobilización o pasado venres.

Pablo Bacariza mostrou a preocupación dos traballadores, "os máis afectados" pola situación na que se atopa a factoría e "os que menos medios e capacidade teñen para actuar.

A biofábrica de Ence situada á beira da ría de Pontevedra, separadas pola estrada que une á cidade de Pontevedra con Marín
A biofábrica de Ence situada á beira da ría de Pontevedra, separadas pola estrada que une á cidade de Pontevedra con Marín | Fonte: Europa Press.

Temas: PONTEVEDRA ENCE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta