Ferido un motorista tras chocar cunha furgoneta en Neda

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/07/2021 | Actualizada ás 10:12

Comparte esta noticia

O condutor dun ciclomotor resultou ferido nun accidente rexistrado na noite deste pasado luns ao chocar a súa moto cunha furgoneta na localidade coruñesa de Neda.

Segundo informou o 112 Galicia, un particular avisou deste accidente sucedido na Rúa Castelao da vila coruñesa de Neda sobre as 21,20 horas deste luns pasado.

Na chamada, a persoa alertante indicou que neste sinistro chocaran unha moto e unha furgoneta, e que o condutor do ciclomotor estaba ferido.

Por iso, os xestores do CIAE-112 avisaron a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Policía Local, á Garda Civil de Tráfico, a Protección Civil de Neda e ao GES de Mugardos.

Finalmente, os axentes desprazados ata o lugar confirmaron que a persoa ferida fora trasladada en ambulancia a un centro hospitalario.

A Garda Civil no lugar dun accidente dunha motocicleta
A Garda Civil no lugar dun accidente dunha motocicleta | Fonte: GARDA CIVIL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta