A conselleira de Política Social: "A xente moza demostrou durante a pandemia que ten sentidiño"

Pide "non estigmatizar" aos mozos

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/07/2021 | Actualizada ás 12:19

Comparte esta noticia

A conselleira de Política Social, Fabiola García, pediu que "non" se "estigmatice" aos máis novos na pandemia, nun momento no que os contaxios están disparados entre este segmento de poboación.

"Están a producirse casos entre a xente moza, pero non se ten que estigmatizar a toda a mocidade de Galicia. A xente moza demostrou durante a pandemia que ten 'sentidiño', que foron capaces de cumprir todas as medidas para protexer aos seus seres queridos", salientou.

Con todo pediu "prudencia e paciencia" aos máis novos e "que cumpran con todas as medidas que a consellería de Sanidade recomenda". Por canto ás residencias de maiores de Galicia, García precisou que "hai algún caso illado" de covid, que están "a pasar a enfermidade de forma asintomática".

Fabiola García volveu a incidir en que "é certo que a incidencia entre os mozos é moi alta pero nas residencias de maiores están relativamente tranquilos". Iso si, "hai que seguir mantendo todos os protocolos de seguridade e hixiene que nos seguen recomendando as autoridades sanitarias".

Seguidamente destacou que "os residentes e os traballadores están ao cento por cento inmunizados". "Por tanto queremos manter esa tranquilidade, porque por agora aínda que haxa algún positivo pasan a enfermidade practicamente asintomáticos. Non ten nada que ver esta situación coa que vivimos hai uns meses", recalcou a modo de conclusión a conselleira de Política Social.

A conselleira de Política Social, Fabiola García. XOÁN CRESPO
A conselleira de Política Social, Fabiola García. XOÁN CRESPO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta