Feijóo agradece o labor do persoal do sistema de vacinación logo de aplicárenlle a segunda dose

O presidente da Xunta recibiu o pasado 4 de maio a primeira dose do antídoto de AstraZeneca.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/07/2021 | Actualizada ás 19:16

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, recibiu no mediodía deste martes a segunda dose da vacina contra a covid-19 e trasladou o seu recoñecemento ao persoal do sistema de vacinación que o vindeiro domingo, día 25 de xullo, recibirá a Medalla de Galicia.

Diso informou o propio presidente autonómico a través do seu perfil da rede social Twitter, no que publicou unha mensaxe no que se mostra "contento" por "contar co pasaporte covid" e porque "xa falta moito menos para que o teñan todos os galegos".

"Este mediodía recibín a segunda dose. Contento por contar co pasaporte covid e porque xa falta moito menos para que o teñan todos os galegos. A todo o persoal do sistema de vacinación, grazas. O domingo recibides a Medalla Galicia porque toda Galicia está moi orgullosa de vós", sinala a mensaxe.

O presidente da Xunta recibiu o pasado 4 de maio a primeira dose do antídoto de AstraZeneca.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, recibe a segunda dose da vacina contra a covid. XUNTA
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, recibe a segunda dose da vacina contra a covid. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta