Non se comunican falecidos por COVID en Galicia este martes

Conforme foi avanzando o proceso de vacinación, o número de falecidos que se notifica cada día vai en descenso en Galicia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/07/2021 | Actualizada ás 21:52

Comparte esta noticia

A Consellería de Sanidade non comunicou falecidos con coronavirus este martes en Galicia, co que a cifra de vítimas mortais mantense en 2.443.

A ùltima morte notificada pola Xunta a causa do coronavirus fora o luns, a dunha muller de 76 anos de idade falecida o 16 de xullo no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela (CHUS) e que presentaba patoloxías previas.

Conforme ha ido avanzando o proceso de vacinación, o número de falecidos que se notifica cada día vai en descenso en Galicia, na liña co que sucede no resto do país. No entanto, nas últimas horas incrementouse a presión hospitalaria.

Nos hospitais galegos hai este martes 149 pacientes ingresados por covid. Galicia contabiliza máis de 12.000 casos activos e os novos contaxios volveron a repuntar ata os 1.165 no conxunto de Galicia.

Un traballador sanitario prepara a primeira dose da vacina de Pfizer-BioNTech contra o Covid-19, a 9 de xuño de 2021, no Hospital Severo Ochoa de Leganés, Madrid
Un traballador sanitario prepara a primeira dose da vacina de Pfizer-BioNTech contra o Covid-19, a 9 de xuño de 2021, no Hospital Severo Ochoa de Leganés, Madrid | Fonte: A. Pérez Meca - Europa Press.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta