Imputan varios delitos ao ex-alcalde de Coristanco por facerse co formigón dunha obra municipal

O ex-rexedor, do PP, alega que se trataba dunha obra pequena e por iso "non había contrato".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/07/2021 | Actualizada ás 13:38

Comparte esta noticia

O excalde popular de Coristanco Antonio Pensado, acusado de prevaricación e malversación, negou os feitos durante o xuízo que se celebra na Audiencia Provincial da Coruña e alegou que só asinaba os informes. Segundo recolle o escrito do Ministerio Fiscal, Pensado, que foi rexedor da localidade entre 1991 e 2015, aproveitouse para o seu uso persoal de tres entregas de formigón que ían destinadas a obras municipais no ano 2011 na parroquia de Seavia.

O material foi recibido pola súa esposa e polo seu fillo, que se enfrontan a unha pena de cinco meses de cárcere e 800 euros de multa, ademais dunha inhabilitación para cargos públicos de cinco anos e seis meses.

Ademais, a Fiscalía tamén acusa ao exrexedor de contratar a subministración de gasóleo para as instalacións municipais a un prezo moi superior ao do mercado. Por todo iso, o Ministerio Fiscal pide unha pena de cinco anos de cárcere e 27 de inhabilitación (19 como alcalde ou concelleiro e outro oito para calquera cargo ou emprego público).

OBRA SEN CONTRATO

Durante a súa declaración, Pensado explicou que se contrataba á empresa cando era necesario e a petición deste material non a realizaba el, senón "un funcionario dedicado a esa materia". "Eu como responsable, ao final, asinaba o pago, ordenado sempre polo departamento de intervención que xamais me advertiu de nada", afirma.

Sinala que o seu fillo asinou os albaráns como traballador do concello, aínda que considera "un erro" que a súa muller asinase outro albarán, ao atoparse co camión nunha ocasión, xa que a obra se realizaba preto da súa casa. A Garda Civil dixo no seu informe que nese momento non había ningunha obra na zona. Con todo, Pensando alega que "era unha obra pequena e por iso non había contrato".

Respecto ao tema de gasóleo, o exrexedor de Corintasco sostén que eran os funcionarios públicos os que se encargaban de pedilo e que el só se ocupaba de asinar. Sobre o prezo que se pagou, que foi o triplo, de novo volveu explicar que delegou as funcións dos problemas nunha terceira persoa e que el só se ocupaba de asinar o informe.

A esposa do exalcalde asegura que non lembra asinar o albarán, pero que en caso de facelo, "non o destinou a usos propios". O outro acusado, fillo de Antonio Pensado, recoñece que seguramente asinou os albaranes porque "é parte do seu traballo". Asegura que a empresa de obras públicas pedía o material e logo pasaba a factura ao Concello. Do mesmo xeito que a súa nai, negou utilizar o material para "usos propios".

Antonio Pensado, exalcalde de Coristanco
Antonio Pensado, exalcalde de Coristanco | Fonte: arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta