Os corpos de seguridade continuarán centrando os controis en espazos e concentracións públicas

A Delegación do Goberno explica que se actuará "con especial atención" no relativo ao cumprimento das medidas que afectan ao lecer nocturno.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/07/2021 | Actualizada ás 16:14

Comparte esta noticia

As forzas e corpos de seguridade do Estado centrarán en espazos e concentracións públicas os controis para velar polo cumprimento das medidas sanitarias en Galicia co fin de frear a Covid-19.

Así o informou a Delegación do Goberno nun comunicado, no que indica que a subdelegada na provincia da Coruña, María Rivas, presidiu este mércores unha reunión con responsables provinciais das forzas e corpos de seguridade do Estado o cumprimento das medidas relacionadas coa Covid-19.

Na reunión estiveron presentes mandos da Policía Nacional, Policía Nacional Adscrita, Garda Civil e policías locais de Ferrol, Santiago e A Coruña. Tras a entrada en vigor das últimas medidas, as forzas e corpos de seguridade do Estado "manteñen a vixilancia das restricións impostas pola Xunta como ata agora", asegurou.

A transferencia de información entre os diferentes corpos, segundo constatou a subdelegada do Goberno, "continúa con bo funcionamento, o que permite garantir un amplo nivel de cumprimento", indicou.

Na reunión acordouse "seguir priorizando a actuación policial nos espazos e concentracións públicas como posibles elementos para a propagación da enfermidade, especialmente nos sectores da poboación non vacinados". "Imos manter a intensidade dos dispositivos de control", afirmou María Rivas.

A Delegación do Goberno explica que, da mesma maneira, actuarase tamén "con especial atención" no relativo ao cumprimento das medidas que afectan o lecer nocturno.

A subdelegada do Goberno reiterou o seu agradecemento aos integrantes das forzas e corpos de seguridade por "o seu labor e esforzo continuado" para tratar de garantir o cumprimento das normas sanitarias.

RESPONSABILIDADE

Así mesmo, a subdelegada do Goberno comentou que "os datos de contaxio obrigan a apelar de novo á responsabilidade individual e colectiva".

Deste xeito, chamou a "respectar as normas sanitarias" para frear a Covid-19. "Pedimos unha vez máis moita prudencia e moita responsabilidade", sentenciou.

Reunión das fuerazs e corpos de seguridade coa subdelegada do Goberno en Galicia, María Rivas.. DELEGACIÓN DO GOBERNO EN GALICIA
Reunión das fuerazs e corpos de seguridade coa subdelegada do Goberno en Galicia, María Rivas.. DELEGACIÓN DO GOBERNO EN GALICIA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta