A Deputación de Ourense e a Real Academia Galega do Audiovisual acordan "desenvolver proxectos conxuntos"

Segundo Baltar a alianza permitirá "seguir impulsando o cinema galego no seu conxunto e potenciar aínda máis á provincia de Ourense como gran estudio de cinema".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/07/2021 | Actualizada ás 17:41

Comparte esta noticia

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, reuniuse este mércores no Pazo Provincial co presidente da Real Academia Galega do Audiovisual, Álvaro Pérez; o seu director, Miguel Mariño; e os integrantes da xunta directiva, Saamira Ganay e Xavi Font, para acordar "desenvolver entre as dúas entidades proxectos conxuntos",

"Unha reforzada alianza de colaboración que permitirá seguir impulsando o cinema galego no seu conxunto e potenciar aínda máis á provincia de Ourense como gran estudio de cinema", comentou Baltar sobre unha reunión na que tamén participou o asesor de Cultura da Deputación, Aurelio Gómez Villar.

Baltar sinalou que esta cooperación "intensa e permanente" será "beneficiosa" para o sector audiovisual en Galicia, "tendo en conta a importancia da Academia e o ánimo que a Deputación lle está dando ao sector audiovisual". Neste sentido, o presidente do organismo provincial subliñou, non só "as rodaxes na provincia", senón tamén a organización do Festival de Cinema de Ourense.

Esta colaboración, tal e como apuntou a Deputación nun comunicado, pasa tamén por celebrar en 2022, desde Ourense, os vinte anos de creación da Academia, "para seguir divulgando a importancia do cinema galego e do sector audiovisual entre os concellos da provincia", e pola entrega dos premios María Luz Morais, --que xa entregou a Deputación en 2019 e que outorgará tamén en 2023--.

O presidente destacou ademais o labor realizado pola Fundación Carlos Velo, e subliñou a promoción do territorio que fan longametraxes, curtas, series e videoclips musicais, "que falan dun Ourense de cinema, berce do cinema galego; unha referencia a nivel de festivais".

O presidente da Deputación de Oursense reúnese cos máximos responsables da Real Academia do Audiovisual. ALBERTE PAZ GARZA
O presidente da Deputación de Oursense reúnese cos máximos responsables da Real Academia do Audiovisual. ALBERTE PAZ GARZA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta